Páginas

quarta-feira, fevereiro 08, 2006

A CHAMA SEGUE VIVA

Amig+, a Radio CLAVI está no 103.0 da FM de Lugo para facerte escoitar a túa voz

Neste lugar poderás ver que se está a facer en Radio LIBRE na cidade de Lugo.Mira por exemplo outra radio libre no Roncudo. Ou mira na columna da dereita os vencellos

Xa temos 7 programas, levamos 4 meses emitindo, e esto non fixo máis que volver a empezar

Segue a ser de tod+s. Segue a ser túa.

Estamos a preparar unha FESTA da VOLTA, e queremos un eslogan para as cousiñas que vendamos, comenta as túas ideas aqui abaixo. Se nos escoitas, dinos dende que barrio, faremos un mapa de radiodifusión.

8 comentários:

Anónimo disse...

Sodes as mellores. Gostaríame facer un programa. Se vende R5, boas condicións.

Anónimo disse...

incrible...estou moi interesado no r5, sempre que teña a posibilidade de instaralle unha emisoar de fm a carón do carter. Se vos parece ben, ofrézome a colaborar convosco facendo un programa itinerante "Rodacarreiros Mec Mec"

Anónimo disse...

CHUVIAS DE IDEAS Seguide esta liña para acumular os comentarios

Títulos para a FEsta:
"FESTA da VOLTA DO DIAL"
"FESTA 103" (patrocina conocido brandi)
"

ESLOGANS PARA A MERCADOTECNIA (lumieiros, pins, gorras, fundas de móbil...):
"Volta Radio Clavi, la rachí de las ondas"
"Recibes ondas? Radio Clavi volve"
"

VENCELLOS QUE QUEIRADES POÑER NA COLUMNA DA DEREITA:
-Fuerza Nueva (para cagar a derechas)
-MARCA, noticias literarias (en serio)
-Todonada.com (un blog no que ten enlaces para descargas mp3 de un cento de grupos galegos
-
-
¿TEdes problemas para facer comentarios? Mirade que tedes que poñer "anómimo", e logo teclear as letras da imaxe

Rádio Clavi disse...

Mirade se vos funciona o acceso a un arquivo mp3 do programa de RAdio Roncudo.
O sistema para Radio Clavi sería idéntico, non é? aloxar, e enlazar.
Outro modo é o de CUAC
E outro ainda o de Artabria.

3 sistemas a elexir, Bic, bic, bic-bic-bic

Unknown disse...

altamente, irmáns!

Anónimo disse...

o enlace a radio Roncudo vai moi ben....
arrecarallo, parece que estes de radio clavi van en serio..., xa vos vexo dentro dun tempo emitindo a tope en Lugo.¿poderiades colgar algún dos programas que estades a facer?, eu vivo na rúa Quiroga e non vos pillo. ¡Adiante compañeiros/as!

Anónimo disse...

Benvid@s as ondas libres!
un saúdo dun "filispino" da rádio libre e comunitária de Ferrol e Terra de Trasancos: Rádio FilispiM, 93.0fm
www.opaii.blogspot.com

Rádio Clavi disse...

ondas libres tamén no Miño, amig+s!!!

Saúdos